Desde Dozón o Camiño segue cara ao alto de San Domingos e a súa capela. Pasa polos lugares de Puxallos, Pontenoufe, A Xesta, Medelo, Mesón de Cuñarro, Botos, Donsión, Ou Campo, A Empedrada e desemboca en Prado, final da etapa.
O concello está situado no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita ao noroeste con Lalín, ao nordeste con Rodeiro, e ao sur co Irixo e Piñor (provincia de Ourense). Con 75 km², é o municipio máis pequeno da comarca do Deza. Ten 8 parroquias e 54 aldeas, sendo a capital O Castro.