Aldea de Filgueira - FORCAREI

É un núcleo tradicional formado por unha serie de casas que están abandonadas. Nelas aprécianse os sistemas tradicionais de construción, tanto nas casas coma nas construcións anexas. Está realizadas con muros de cachotaría e cadeirado de granito e cubertas de tella, aínda que nalgúns casos puntuais se mantén o sistema de cuberta máis tradicional da zona, a base de laxas de xisto superpostas. Moitas das casas constan dunha planta baixa e un primeiro piso, en moitos casos con balcóns e solainas. Son varios os hórreos conservados, agrupados nunha eira, algo habitual nas zonas de montaña.