Área de recreo situada nun ámbito rural ao lado do río Deva e cunha praia fluvial no seu interior. A vexetación que podemos atopar nela é fundamentalmente arbórea formada por ameneiros e salgueiros ao lado do río, pero tamén carballos e piñeiros na zona do merendeiro. Preto da área pódense ver coellos, e outras especies de caza e aves de rapina como o gabián. Preto da área hai un muíño de auga recentemente rehabilitado.
Fuente: turismo.gal