Área de recreo creada en torno ao importante monumento funerario megalítico prehistórico alí existente. Consiste nunha zona acondicionada e axardinada pensada para o esparexemento dos visitantes. Unha grande terraza pétrea que bordea o río, xunto á presenza dun muíño e a disposición de mesas e bancos permite gozar dun ámbito de grande valor histórico e ecolóxico.