Este área atópase nun ámbito rural, e o seu espazo está distribuído en terrazas ao longo do monte Landín. Alberga un reduto faunístico onde se atopan alces, esquíos, patos. A vexetación é variada destacando o carballo, o piñeiro e o eucalipto. Dende a área pódese observar unha bela panorámica das aldeas circundantes a Vilasobroso e mesmo parte de Ponteareas. Preto da Área temos o castelo de Vilasobroso, un hórreo, un cruceiro e unha igrexa.