Área de recreo de grandes dimensións, situada ao bordo do río Tea. Caracterízase por ter unha espesa vexetación arbórea formada por piñeiros e carballos, pero tamén ameneiros nas marxes do río. Este área ten unha praia fluvial de areas finas e un paseo fluvial que une a devandita praia coas instalacións deportivas e o aparcamento.