28abr
As festas gastronómicas e romerías máis importantes do veran en Galicia (Parte 1)

As festas gastronómicas e romerías máis importantes do veran en Galicia (Parte 1)

Comer en Galicia é un pracer, unha tradición e un acto social que une a familias, amigos e pobos sentados fronte a famosas especialidades culinarias con centos de anos ás súas costas.

O verán é, probablemente, a estación máis destacada no tocante a festas gastronómicas e romarías populares nas que degustar produtos típicos como ameixas, lagostinos, polbo "á feira", empanada de diversos sabores como atún, liscos, bacallau, carne ou zamburiñas ou o viño, especialmente presente en zonas ricas en adegas como a Ribeira Sacra ou as Rías Baixas. 

Recompilamos algunhas das máis interesantes a continuación. 

Festas gastronómicas galegas que non che podes perder

Festa do Albariño de Cambados: Un dos eventos máis importantes do calendario galego, que ten lugar o primeiro fin de semana de agosto na comarca pontevedresa. Se che gusta este famoso viño branco e queres gozar dunha festa á que acoden miles de persoas, non cha podes perder. 

Festa do Percebe de Corme: Ten lugar o segundo fin de semana de xullo en Ponteceso. Ademais de gozar das incribles paisaxes de Costa da Morte, poderás degustar este manxar marítimo xunto a empanada, veu ou polbo "á feira". 

Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña: Outro singular evento gastronómico para devorar unha das carnes máis apetitosas da xeografía galega preparada ao modo tradicional. Celébrase o último domingo de xullo desde 1969. 

Feira do Bonito de Burela: A mariña lucense acolle esta cita cun dos peixes máis ricos das nosas costas, do que Burela é un dos seus portos líderes Ten lugar a mediados de xullo e poderás aproveitar a ocasión para visitar lugares próximos como Viveiro, a praia das Catedrais ou a fermosa zona do Vicedo.
Festa do Polbo no Carballiño: O feudo do produto máis famoso da cociña atlántica é o pobo ourensán do Carballiño, cuxa festa se celebra a comezos de agosto. Ademais de poder admirar o estupendo traballo das "pulpeiras", terás ocasión de saborear o polbo, cocido en caldeiros de cobre e servido con sal gordo e pemento. 

Festa da Ameixa de Carril: Con 25 anos de historia ás súas costas, é un dos eventos gastronómicos máis famosos de Galicia, declarado de interese turístico desde 2014. O segundo fin de semana de agosto poderás chuparche os dedos coas ameixas máis ricas do mundo neste punto da comarca pontevedresa. 
Tiveches ocasión de asistir a estas festas gastronómicas de Galicia? Deixámonos moitas na recámara, polo que pronto lanzaremos a segunda parte. Pon a punto o teu padal!