Comarca do Deza - LALIN

Está situada no norte da provincia de Pontevedra, coincidindo co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Arzúa e Terras de Melide; ao Sur, coa comarca de Irixo; ao leste, con Chantada e ao oeste, con Tabeirós-Terra de Montes.

Os límites naturais da comarca do Deza están perfectamente definidos: ao Norte, está separado da provincia da Coruña polo río Ulla; ao Leste, limita con Lugo coas serras do monte Farelo e do Faro; ao Sur, coa serra que vai desde os montes de Testeiro ata Pena de Francia e ao Oeste, coa comarca de Tabeirós-Terra de Montes, o monte San Sebastián e a Sierra do Candán

Esta comarca está bañada polos ríos Deza e Arnego. O río Deza, e o seu afluente Asneiro, nacen no monte Testeiro. O río Arnego nace na Serra do Faro, no límite con Chantada.