Este conxunto comprende case 300 gravados. Ímonos referir aquí aos tres conxuntos principais. A Pedra das Ferraduras é unha das estacións máis coñecidas. Na parte superior da rocha apréciase un dos mellores exemplos de pegadas de cérvidos e bóvidos que parecen dirixirse cara unha combinación de círculos concéntricos. Na parte sur represéntase unha escena de caza ou acoso formada por sete figuras antropomorfas moi esquematizadas que levan armas e rodean os cervos. Hai tres deseños dos chamados ídolos-cilindros. A Laxe dous Cebros posúe un deseño labiríntico con grande cazoleta central, arredor do que se dispoñen as restantes figuras: varios cérvidos e combinacións circulares. O característico deste conxunto é que todas as figuras están unidas entre sí en maior ou menor grao. Por último citamos ao Couto do Rapadoiro, situado nunha pequena rocha na que se aprecian catro combinacións circulares; na parte inferior un posible ídolo, unha combinación circular e un cérvido xunto a unha figura humana que parece ferilo. No extremo da dereita outro cérvido. A cronoloxía dos petroglifos sitúase na transición do III-II milenios a. De C.