Coto de 650 m de altitude con fermosas vistas ó seu darredor. Dende el pódense contemplar paisaxes ata o Monte do Faro, a Serra do Candán, o Pico Sacro e cara ó norte pode chegar a divisarse incluso o mar preto de A Coruña. Contémplase tamén o val que forma o río Ulla ó seu paso polo concello.
A zona está habilitada para poder comer alí, con mesas e barbacoas.
No cume tamén existe unha capela e un cruceiro feito polos veciños do lugar.