Área recreativa encravada nunha illa dentro do Río Ulla, nun fermoso entorno natural con distintas especies arbóreas e arbustivas.
É posible o baño no Río Ulla e dispón de parque infantil.
A zona está habilitada para poder comer alí, con mesas e barbacoas. Tamén conta cun “chiringuito”, só en época de verán, no que se sirven bebidas.