Monte dende o que se divisa a totalidade do concello de Cerdedo, así como parte do de Forcarei, e en días claros a ría de Pontevedra. Punto interesante para a práctica do senderismo. Dende o cumio, e no traxecto de suba pódese gozar da vexetación e da fauna salvaxe (coellos, perdices, aves rapaces, etc.).