Paseo do Río Pontiñas - LALIN

O Paseo fluvial do río Pontiñas ten unha lonxitude aproximada de 9 km que discorren dende o Entorno do Auditorio Municipal ata preto do Polígono Industrial Lalín 2000.
O paseo comeza no entorno do auditorio onde atopamos un lago artificial, un anfiteatro ao aire libre e un parque infantil.
Avanzamos e o río desaparece nun treito que nos leva ata un paso de peóns na rúa Areal que debemos atravesar. Chegamos a estrada A Travesía da Ponte e volvemos a ver o cauce do río.
Nesta zona comeza o carril bici, atopamos algunha escultura de pedra feita por atistas locais, un parque infantil e un parque biosaudable. Continuamos por debaixo da Ponte Xosé Cuíña e recorremos o tramo máis longo do paseo, onde deixamos atrás máis de quince pontes, unha ducia de muíños, unha fonte, carballeiras... Remata o paseo no Lago do Espiño.


Fuente: turismo.gal