Neste complexo rupestre destacan catro estacións: Laxe dos Cabalos, Pena do Outeiro Furado, Fonte da Pena Furada e Outeiro dos Cogoludos. Todos eles realizados entre o III-II milenio a. de C. Na Laxe dos Cabalos observamso a un cabalo montado por un home que o conduce por medio de bridas. Os cabalos diferéncianse dos cérvidos ao aparecer sen cornamenta e cunha espesa e larga cola. A Pena do Outeiro Furado está arriba do anterior, nunha grande pedra do outeiro onde hai cazoletas con círculos. A Fonte da Pena Furada ten un cérvido con espléndida cornamenta e ao galope, ademais de combinacións circulares. O máis destacado é o Outeiro dos Cogoludos, conxunto que podemos dividir en catro zonas. A da esquerda ten dous cervos con cornos e outro sen elas que podería ser unha femia; os tres parecen ir na mesma dirección. Máis á dereita aparece unha femia coa cabeza xirada cara a atrás mentres un cérvido máis pequeno lle ulisca os cuartos traseiros ou xenitais; a figura grande está ao lado dun reticulado que para algúns investigadores se podería asociar a unha trampa. Nas outras zonas aparecen diversos motivos circulares e animais moi esquematizados.
Fuente: turismo.gal