Trátase dunha ponte romana sobre o río Deva ben conservado e recoñecido pola súa importancia como punto de defensa na Guerra da Independencia. Crese que á altura de 1809, os veciños de Arbo defenderon os seus fogares e familias fronte ás numerosas tropas francesas nunha batalla que tivo lugar nos arredores da ponte. A loita rematou co triunfo dos franceses, debido á súa superioridade numérica, pero o feito recórdase cunha lápida instalada nunha columna nun dos lados da ponte.