O sendeiro está situado na Área recreativa da Fraga do Rei, un espazo natural da comunidade de montes de Cristiñade recuperado con diferentes especies autóctonas e acondicionada para o ocio. O seu nome lémbranos que foron posesións da monarquía, destas fragas extraíase a madeira para facer as embarcacións da frota real.
O trazado ten a forma dun “oito” co centro na Área recreativa da Fraga do Rei, polo que se pode realizar en ambos sentidos. Un dos círculos percorre a parte máis elevada do monte, o outro a máis profunda. Iniciando o percorrido cara o monte teremos un ascenso suave pero continuo, entre as árbores aparecerá a paisaxe do val de Ponteareas que poderemos admirar plenamente dende o miradoiro de Xandolaia.
A suave subida levaranos ata os 300 m, dende aquí comeza o descenso penetrando nun bosque de coníferas e frondosas cuxo apoxeo se sitúa na área recreativa da Fraga do Rei. Á sombra dos castiñeiros e ao pé do estanque recuperaremos forzas para afrontar os últimos dous quilómetros.
O percorrido cara á parte profunda do val percorre un contorno forestal onde podemos atopar varios regatos e as fontes do Freixo e As Camisas; tamén destacan neste tramo las singulares formacións rochosas.