Río Tea - MONDARIZ

A variedade de paisaxes fluviais do río Tea, en apenas cincuenta quilómetros de lonxitude, convérteo no referente ecolóxico da comarca do Condado. Desde o seu nacemento no alto de Moncelos, entre as serras do Suído e Faro de Avión, ata desembocar no Miño mantén importantes formacións de bosques de ribeira.
As praias fluviais e áreas de lecer permiten o achegamento da poboación en numerosos puntos. Algúns delas son de gran beleza, como o vao dos pasos de Tatín ou a ponte de Cernadela, de orixe romana, impresionante polos cos seus cinco e irregulares arcos. Outro dos lugares destacados do río Tea é o seu paso por Mondariz-Balneario. É este o concello máis pequeno de Galicia, pero alberga as formidables edificacións históricas do famoso balneario