Sendeiro de Pedra Miranda - VILABOA

Interese paisaxístico 

Ao comezo desta ruta atopámonos cunha lagoa que se formou na antiga canteira da Lapa. Ascendemos bordeando esta antiga explotación e tras pasar por un depósito de auga, seguindo un camiño rodeado de grandes piñeiros, chégase ao Alto dá Lapa.

Seguimos subindo, deixando atrás a ermida de San Amaro en Cacheiro, ata alcanzar o punto máis alto do percorrido, facilmente identificable pola formación rochosa en forma de cova que caracteriza á coñecida como Pedra Miranda. O final do camiño regálanos un miradoiro natural onde se poden contemplar as enseadas de San Simón e de Rande.

Acceso: N-550 entre Pontevedra e Arcade, á altura do quilómetro 132 atoparemos un sinal que indica o acceso a esta ruta.

Camiños de Santiago: Camiño Portugués pola Costa | Camiño Portugués