Serra do Careón - AGOLADA

Os montes do Careón forman o último treito do esixente Camiño Primiti;vo antes de xuntarse no centro de Melide co Camiño Francés de Santiago. Trátase dunha serra de moderada altitude (798 m, máximo) e características especiais no subsolo que a converten nunha área de grande interese xeolóxico a nivel peninsular.
Son abundantes os regatos de montañas que se xuntan no río Furelos, afluente final do Ulla. Existen numerosas rutas de sendeirismo que percorren o espazo, e mesmo as estradas locais que cruzan os altos son de interese paisaxístico.
Un dos puntos máis destacados é a ermida de San Antolín de Toques rodeada pola fraga, ou o itinerario ata o lugar das Fervenzas (Toques) cunha caída das augas duns 40 metros ao carón dun antigo muíño.


Fuente: turismo.gal