Os montes que separan as comarcas de Tabeirós e Deza culminan en amplas chairas que historicamente permanecían enchoupadas durante todo o ano. Nestes terreos húmidos que caracterizan as brañas conserváronse pequenas áreas de turbeiras e zonas asolagadas polas chuvias. A máis significativa é a Lagoa Sacra de Olives, formada nunha pequena depresión do terreo a uns 650 metros de altitude e que só adoita secar na época estival.
Resultanmoi curiosos os valados de pedra que rodean o espazo inundable. Segundo a lenda, a lagoa foi amurada para evitar a profanación dos cadáveres arroxados á auga tras unha batalla da antigüidade xa esquecida.
Fuente: turgalicia.es