Data de celebración:
Feira anual que se celebra durante todo o día o último domingo do mes de maio.
Regresamos a mediados do século XX para revivir o esplendor da feira que foi o referente da economía desa época.
Aínda que inicialmente esta feira era de gando na actualidade tratase de exaltar os produtos artesanais e a gastronomía da feira.
Dentro deste marco, coidase a estética dos materiais e ambientación da feira, polo que invitamos a todos, a que veñan vestidos dos anos 50-60 (desempolvar a roupa dos avós) e poidades achegar ata Cuspedriños para compartir unha xornada emocionante e divertida.
O gando e a agricultura seguen estando presentes na feira, coas exposición de razas autóctonas, como galiña de Mos, porco celta, etc ... no entorno do curro.
Na terraza da carballeira establécense os artesáns e oficios que ofrecen os seus servizos aos visitantes.
No entorno do Mercado tradicional están situados os produtos de alimentación: pan, queixo, embutidos, requeixo, viño, filloas,...
A Feira desenvolvese durante toda a xornada, contando con diferentes actividades de animación e entretemento. O programa soe axustarse ao seguinte:
Ás 10:00 h. terá lugar a apertura de postos da Feira. Aquí podemos atopar produtos en exposición e venda de alimentación: pan, queixos, doces, embutidos, filloas, polbo, etc. Tamén contamos con postos de artesanía de cestos, ferralla, instrumentos musicais, coiro, sombreiros, etc. Estes postos permanecerán abertos ata o fin da Feira que terá lugar aproximadamente ás 19:00 h. da tarde.
Poderán observar a exposición que estará no lugar da Asociación Galega de Cetreria.
Ás 12:00 h. realizará a súa chegada o autobús de época (cedido pola Empresa Autocares Cuiña) con personaxes de época, músicos e algunha sorpresa mais. Seguidamente chegarán mais dunha trintena de vehículos antigos, que farán o percorrido desde Viascón ata Cuspedriños, onde se quedarán expostos para que todos os visitantes poidan aprecialos, grazas a colaboración da asociación de "Amigos dos vehículos antigos".
Durante toda a Feira haberá animación a cargo de gaiteiros, pandereteiras, o afiador, o cego e o fotografo.
Os mais cativos, e os mais grandes, tamén poderán participar nas actividades de xogos populares, manualidades, obradoiros supervisados por monitores especializados, para que a Feira se converta nun espazo de relación e diversión durante toda a xornada do domingo.
Poderan quedar a comer na feira nos diversos locais de comida elaborada que se situarán ese día en Cuspedriños, e que contarán cos produtos da zona.
Xa pola tarde, ás 17:00 h., a Asociación do Traxe Galego realizará unha pasarela de traxes tradicionais galegos e escenificará durante toda a tarde unha romeira de antano.