Fermoso espectáculo de auga, luz e son, formado por unha fervenza de auga do río Férveda na parroquia de Escuadro, cunha altura de aproximadamente 17 metros e a unha altitude sobre o nivel do mar de 502 metros. Constitúe un espazo de alto valor paisaxístico que forma parte das Brañas de Xestoso e participa no proxecto europeo Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria. Forma parte do elevado número de fervenzas e saltos de auga do Concello de Silleda.
Nas fragas onde se enmarca aniñan aves que son pouco abundantes en Galicia, como os corvos (corvus corax) e os falcóns (falco peregrinus). A benignidad climática permite a diversidade forestal de maneira que están presentes os loureiros (laurus nobilis), os acivros, os carballos (quercus robur) e os castiñeiros (castanae sativa). Preto das augas do río, nas ribeiras ben conservadas, existe un bosque en galería de árbores amantes da humidade como os salgueiros (salix atrocinerea), os alisos (alnus glutinosa) ou os fresnos (fraxinus angustifolia).
A Fervenza de Férveda está rodeada de lendas, nas que se inclúen elementos do folclore galego como a Grade de Ouro, a Galiña e os Pitos de Ouro que se aparecen na mañá de San Juan ou o Trato cos Mouros.
Como chegar
Desde a N525 ou a 640 pode accederse dirixíndose ao lugar de Escuadro, preto da igrexa no coñecido como Muíño de Varela. Desde alí iníciase un carreiro de 2,7 km moi cómodo que nos levará directamente ao pé do Pozo do Salto.