Sendeiro Natural Aciveiro-Candán - FORCAREI

Interese xeral 

O sendeiro consiste nunha rota circular de 15 km con principio e fin no coñecido Mosteiro de Aciveiro. Camiñando cara á aldea de Vilaverde, atravésase o aínda pueril río Lérez rodeados de moitas especies arbóreas ata chegar, preto da Rochela, a unha antiga alvariza que dá testemuño da pasada presenza do oso nestas altas serras pontevedresas.

Logo, entre prados, matogueiras, brañas e pequenos bosques ascéndese polas lenes abas da Serra do Candán, espazo natural que participa no proxecto europeo da Rede Natura 2000. A rota descende suavemente cara a Lamasgalán de Arriba, onde un primitivo camiño de carro dirixe o camiñante ata Lamasgalán de Abaixo.

Gozando das paisaxes e dos ecosistemas humanizados deste lugar, chégase ata a fermosa Ponte Vella de Andón, para logo percorrer as ribeiras do Lérez en busca do mosteiro. Casas, pontes, muíños e cruceiros de Forcarei son mostras do afamado traballo dos vellos canteiros destas terras.


Acceso: Dende Santiago e Ourense pola AP-53 ou a N-525 ata Lalín e continuar pola PO-200 ata Aciveiro. Dende Pontevedra pola N-541 e en Cerdedo seguir a PO-200 ata Aciveiro.


Fonte: Turismo.gal

Características de Rutas á natureza

  • Recorrido Recorrido circular